AGE pide a autodeterminación da Galiza "sen fuxir" de"intervir" tamén no Estado español e en Europa

Argumenta a coligación de Anova e EU que as institución españolas e europeas "afectan a vida de centos de milleiros de persoas"

photo_camera [Imaxe do acto: AGE]


"Precisamos dunha acción política común inclusiva, na Galiza nosa si, mais sen fuxir de intervir tamén no Estado español e en Europa". É a proposta de autodeterminación que para o pobo galego vén de lanzar AGE no manifesto ao que deu leitura esta cuarta feira, na véspera do Día da Patria.

O que argumenta a coligación de Anova e Esquerda Unida é que as administracións españolas e europeas "afectan a vida de centos de milleiros de persoas".

Ás portas do que foi a redacción de Nós, na compostelá rúa do Vilar, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, e a vicevoceira, Yolanda Díaz, deron leitura a un documento que intitularon 'Un paso adiante, Galiza', en referencia ao escritor lucense Xosé María Díaz Castro. 

Comentarios