AGE exixe á Xunta que pare as xestións para que o Papa visite Galiza

A coalición alerta do desbaldimento de recursos públicos que suporía a viaxe, aliás do 'atentado' contra o laicismo formal do Estado español  

Alternativa Galega de Esquerdas rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza no que esixen da Xunta que cancele inmediatamente as xestións para unha suposta visita do papa Francisco I a Galicia e que, no caso de que se produza a viaxe, “ningún recurso público sexa gastado na mesma”.

A coalición considera que “ non é de recibo que nun Estado laico e aconfesional os recursos públicos se empreguen en pagar visitas de autoridades relixiosas”,

AGE lembra que o paso do papa Bieito XVI, por Santiago de Compostela en novembro de 2010 custou máis de tres millóns de euros, 6.500 por cada un dos minutos (sete horas en total). “Todos os recursos do país deben ir dirixidos a solucionar os problemas que levan ás galegas e aos galegos cara a miseria, a solucionar un drama que afecta a moitas familias e que se produce por mor dunhas políticas erradas, disparatadas”, conclúen.   

Comentarios