AGE di que divulgará a auditoría de KPMG malia o seu carácter reservado

Así o anunciou a vice-portavoz da coligación, Yolanda Díaz cun "denúncienos se quere" a Alberto Núñez Feijóo

 

Yolanda Díaz
photo_camera Yolanda Díaz

"Se en troca de observar se dedicasen a traballar na comisión de investigación". Alberto Núñez Feijóo retrucou desta maneira á vice-portavoz da Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz após as acusacións lanzadas por esta ao presidente a quen o calificou como "o rei Midas ao revés". 

Díaz, denunciou en sesión plenaria que a Xunta asegurase ter solicitado unha "auditoría" a KPMG por valor dun millón de euros, porén e após consultar a documentación a deputada asegurou que se trata "dun caderno de vendas" e que, aliás, lonxe de aconsellar a fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova "advirte do que pode pasar" á altura de 2007. 

Yolanda Díaz afirmou que "o Banco de España sinalaba a situación de risco" hai seis anos por mor da especulación inmobiliaria das caixas e preguntou ao líder do executivo galego "por que quere ocultar a información?". 

Núñez Feijóo quixo sortear os embites da vice-voceira de AGE argüíndo que existen "8 auditorías" dispoñíbeis para seren consultadas e que todas elas "apoian a fusión" por consideraren que após as mudanzas nos requirimentos exixidos polo Banco de España, esta era a única saída para as entidades financeiras galegas. 

Yolanda Diaz advertiu á Xunta que o seu grupo fará pública a auditoría de KPMG, malia ser considerada información reservada, pois entenden que os dados tirados da mesma deben ser coñecidos. "Denúncienos se quere", lle espetou. 

Comentarios