AGE di que a decisión sobre o 'tax-lease' é "unha barbarie"

A coalición sinala que a devolución do tax-lease "aboca ao desemprego a milleiros de traballadores" nun sector "estratéxico para Galiza"

 

A vicep-portavoz parlamentar de AGE, Yolanda Díez, tildou de "brutal" e "barbarie" o anuncio da Comisión europea que obriga ao naval galego a devolver as bonificacións percibidas entre 2007 e 2011. 

Para a coalición electoral, "Europa está cargando contra un sector" que é "estratéxico para Galiza" e abocando "a milleiros de traballadores galegos" ao desemprego. Yolanda Díez instou ao presidente da Xunta de Galiza, "a traballar co presidente" español para se "arrepoñer aos ditados da UE" en troca de "agochar a súa inutilidade", afirmou. 

Desde AGE, aseguran que o futuro do naval pasa pola súa nacionalización en tanto que sector estratéxico e asegurou que a decisión adptada pola Comisión "volve pór sobre a mesa" a "construción antisocial, antipersoas" da UE.

Comentarios