AGE denuncia irregularidades na concesión a Indra da base de drons en Rozas

Afirman que no comité de asesoramento da mesa de contratación había un alto directivo dunha empresa que depende tanto de Defensa como da adxudicataria.

aeródromo rozas
photo_camera Aeródromo de Rozas

Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) denunciou “irregularidades” na concesión á empresa Indra do proxecto destinado a desenvolver unha base de naves non tripuladas no aeródromo de Rozas, ubicado no concello lucense de Castro de Rei. O parlamentar desta coligazón, Ramón Vázquez, advertiu que unha das persoas que integraron o comité de selección incorría nun “claro conflito de intereses”.

O deputado afirma que esta persoa, Bartolomé Marqués, percebe 95.000 euros anuais do Ministerio de Defensa, principal socio de Indra, unha das empresas adxudicatarias canda Inaer. “Defensa tiña parte na mesa de selección e na empresa adxudicataria”, manifestou Vázquez, que asegura que iso conculca a lei de competencia do Estado e a lei de contratos públicos. Por iso, engadiu, AGE pretende poñer este caso en mans do Tribunal de contratos públicos e levalo ao Consello de Contas de Galiza.

Comentarios