AGE acusa a Feijóo de “perverter a democracia” co “financiamento irregular” do PP

Yolanda Díaz ao presidente da Xunta: “Vostede contrata con esas empresas (doadoras de cartos ao PP) dende que era amigo de Marcial Dorado”.

Yolanda Díaz
photo_camera Yolanda Díaz

Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) considera que Núñez Feijóo non é un presidente lexítimo. Así o sinalou Yolanda Díaz, que incidiu en que “as súas amizades perigosas con contrabandistas e o financiamento irregular que figura nos papeis de Bárcenas e sobre o que o Partido Popular construíu parte da súa hexemonía electoral, e política, demóstrano”.

“Vostede dicía que Bárcenas era unha mazá podre no partido, pero o que está podre é a cesta enteira”

Díaz esixiu ao presidente da Xunta aclaracións sobre “o financiamento irregular do seu partido, que figura entre os papeis do antigo tesoureiro do PP Luis Bárcenas. E que inclúen doazóns de empresas superiores á contía legal -60.000 euros- cando Alberto Núñez Feijóo xa presidía a organización. Vostede contrata con esas compañías pero non dende que preside o Goberno, senón dende que era amigo de Marcial Dorado”.

Comentarios