Afirman que o bloqueo do PP a dotar de máis fondos á RAG pon en perigo o novo dicionario da lingua

O socialista Francisco Cerviño criticou a negativa popular a incrementar as achegas da Xunta á Real Academia Galega en 250.000 euros

Francisco Cerviño, do PSdeG
photo_camera Francisco Cerviño, do PSdeG

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Cerviño, criticou a negativa do PP a incrementar as chegas da Xunta á Real Academia Galega en 250.000 euros. No debate dunha iniciativa socialista en Comisión, dixo que esta decisión supón “unha cornada máis á lingua que doe moitísimo” que pon en perigo iniciativas como a nova edición do dicionario da lingua.

O responsábel socialista reclamálle á Xunta que equiparara as súas contribucións á RAG ás realizadas polo Estado, o que suporía incrementar os orzamentos en 250.000 euros. Dixo que se trata dunha “cantidade pequena que suporía non ter que prescindir dalgún dos programas en marcha, dalgún traballador e mesmo ter que paralizar o novo dicionario da lingua”. Advertiu que, dada a situación actual, a realidade é que a administración central é a que está financiando na súa meirande parte á Real Academia da Lingua en lugar de ser a administración autonómica “cando era o seu”.

Lembrou que a RAG obtivo o ano pasado un orzamento dun millón de euros procedente do Estado grazas a unha emenda dos socialistas aos orzamentos que permitiu equiparar o seu financiamento aos homólogos vasco e catalán. Este orzamento completábase cun convenio coa Xunta por importe de 480.000 euros ligados ás actividades desenvoltas polo ente.

Comentarios