A vicesecretaria xeral do PSOE e portavoz no Congreso, Adriana Lastra, participou hoxe en Compostela nun acto organizado polos socialistas galegos.
Durante o transcurso do mesmo acusou o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, de ser "o máis de ultradereita de todo o PP". "Noutras épocas o actual presidente da Xunta parecía que era o progre do Partido Popular, mais empézase a descubrir que pasou como con outros como Alberto Ruiz Galladón, que todo o mundo pensaba que era dereita moderada", engadiu.
A socialista criticou tamén a "confrontación" do líder do PPdeG contra o Goberno do Estado español., e chamou chamou o Partido Popular a facer unha "oposición leal e construtiva" como a que "sempre" fixo o Partido Socialista. "Porque así se conseguen avances sociais para todos, doutra forma só constrúese a destrución do seu partido", concluíu.