luns 24.02.2020

Adriana Lastra di que Feixoo é "o máis de ultradereita de todo o PP"

A portavoz do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados tamén acusa o presidente da Xunta de "crear confrontación" co Goberno do Estado español.
Adriana Lastra, con Javier Losada e Gonzalo Caballero, entre outros (Foto: Europa Press).
Adriana Lastra, con Javier Losada e Gonzalo Caballero, entre outros (Foto: Europa Press).

A vicesecretaria xeral do PSOE e portavoz no Congreso, Adriana Lastra, participou hoxe en Compostela nun acto organizado polos socialistas galegos. 

Durante o transcurso do mesmo acusou o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, de ser "o máis de ultradereita de todo o PP". "Noutras épocas o actual presidente da Xunta parecía que era o progre do Partido Popular, mais empézase a descubrir que pasou como con outros como Alberto Ruiz Galladón, que todo o mundo pensaba que era dereita moderada", engadiu.

A socialista criticou tamén a "confrontación" do líder do PPdeG contra o Goberno do Estado español., e chamou chamou o Partido Popular a facer unha "oposición leal e construtiva" como a que "sempre" fixo o Partido Socialista. "Porque así se conseguen avances sociais para todos, doutra forma só constrúese a destrución do seu partido", concluíu.

comentarios