Adiante disólvese na súa derradeira Conferencia Nacional

A organización xuvenil decidiu materializar a súa disolución após dez anos de vida.

 

Así o anunciou a través dun sucinto comunicado público pendurado na súa páxina web. A organización --próxima á FPG-- asegura que "aberto o debate" a respeito do seu futuro na Confederencia Nacional decidiu "dar por finalizada esta etapa política" coa súa disolución. Unha decisión, aseguran, adoptada "unanimemente" pola súa militancia. 

Adiante foi fundada en outubro de 2004 en Santiago de Compostela e celebrara o pasado mes de abril o seu IV Congreso Nacional no que fora eleita secretaria xeral Aldara Miguez. 

Desde Adiante declinaron facer declaracións a este medio de comunicación após coñecerse a nova polo que se descoñece cal será o vieiro que adopte a súa militancia após a súa disolución. 

Imaxe capa: ML Riveiro

Comentarios