Adiada a moción de censura de Catoira até que finalice o estado de alarma

Castalo catoira bng
photo_camera Xoán Castaño, alcalde de Catoira polo BNG.

A moción de censura de Catoira que tiña previsto realizarse esta terza feira, 17 de marzo, a petición dos edís do PP e do PSOE quedou aprazada ata que finalice o estado de alarma. Así, terá lugar dous días despois de que o Goberno español levante esta medida. Actualmente, en Catoira goberna o BNG.

En declaracións a Europa Press, o alcalde, o nacionalista Xoan Castaños, explicou que a súa formación xa pediu o pasado sábado que se aprazase este pleno, programado para as 12,00 horas desta terza feira, ao entender que era necesario para "garantir a seguridade e a saúde" dos veciños e veciñas e da corporación.

Así mesmo, considerou que, de facerse sen as garantías sanitarias pertinentes, procederíase a "roubarlle un dereito democrático" á cidadanía de Catoira como supón asistir ao debate dunha moción de censura que, na súa opinión, é a de "vergoña".

O rexedor deste municipio precisou que foi o propio secretario quen, despois de que o PP e o PSOE "se sumasen á petición" de aprazar a cita, decidiu programalo para "dous días despois" de que finalice o estado de alarma.

Comentarios