GALIZA

Os acusados de “enaltecemento do terrorismo” coñeceron a imputación pola imprensa

O órgano antirrepresivo Ceivar denuncia que a Audiencia Nacional filtrou á imprensa a identidade completa dos catro militantes con nomes e apelidos antes de lles notificar persoalmente a acusación.

Cadea humana polos presos independentistas
photo_camera Cadea humana polos presos independentistas

O feito de participar nunha marcha solidaria cos militantes independentistas galeg@s o pasado mes de xullo portando a imaxe dos 4 pres@s galeg@s que foron xulgados na Audiencia Nacional baixo o cargo de pertenza a banda armada custoulles esta semana a catro activistas a imputación por “enaltecemento do terrorismo”, o que segundo o órgano antirrepresivo Ceivar eleva a 21 @s cidadáns do país imputados con esta discutida fórmula.

Ceivar denuncia tamén que as catro persoas sinaladas estes días coñeceron a acusación pola imprensa convencional, á que supostamente tería filtrado o Estado a súa identidade completa con ánimo represivo: “Nesta ocassom forom os meios de intoxicaçom os primeiros em conhecer a imputaçom dos 4 militantes, que figerom públicos sem pudor nengum os seus nomes e apelidos, dando conta do caráter repressivo da imprensa oficial. Enquanto as próprias militantes desconhecem a veracidade desta imputaçom, pois nom tenhem recebido notificaçom de nengum tipo, os seus nomes já forom postos no alvo repressivo ao fazé-los públicos dum jeito inculpatório numha nova cheia de falsedades e fatos incerto”, sinala a organización.

A nova imputación de militantes produciuse a petición da Fiscalía e obrigará os acusados a prestar declaración en Madrid en setembro.

Comentarios