Acto do BNG en Pontevedra ‘‘contra a monarquía española’’

Decorrerá a partir das 20:30 horas no Teatro Principal para rexeitar a continuidade dunha ‘‘institución anacrónica’’.

‘Galiza contra a monaquía española’. Con este lema decorrerá na tarde (20:30 horas) desta segunda feira o acto do BNG no Teatro Principal de Pontevedra no que intervirán @s concelleir@s Carme da Silva e Luis Bará e o alcalde pontevedrés Fernández Lores.

Segundo salientou a fronte nacionalista na presentación do acto, este quer ser unha manifestación do rexeitamento a unha “institución anacrónica” á vez que unha chamada na que “as nacións sexan o referente político” e garantir así un proceso constituínte dos pobos que integran o Estado.

Comentarios