Acción Galega, EcoGaleguistas e Máis Galiza constituirán un proxecto político

As formacións Acción Galega (AG), EcoGaleguistas (EcoGal) e Máis Galiza (+G) anunciaron nun comunicado que acordaron crear un novo proxecto político.
Debate das formacións na USC
photo_camera Debate das formacións na USC

Despois dunha xuntanza realizada onte pola tarde, as tres organizacións políticas deron a coñecer o resultado nun comunicado en que se constatan as diferentes dinámicas e metodoloxías de cada organización. Segundo o texto remitido hai "vontade de todas as partes de continuar o proceso cara á constitución dun proxecto político e electoral, de carácter democrático, progresista, galeguista/nacionalista, cun compromiso radical cos principios éticos, a rexeneración política e a participación cidadá".

AG, EcoGal e +G presentarán de xeito inmediato o novo partido

AG, EcoGal e +G anuncian que chegaron a un acordo sobre principios políticos e programáticos que será presentado de xeito inmediato á cidadanía para sometelo a un proceso aberto de deliberación pública e participativa. Na reunión, pola súa banda, tamén participou o Encontro Irmandiño que non figurou neste acordo nin asinou o comunicado.

Comentarios