Apelan a exercer o sábado a solidariedade fronte a "criminalización" do independentismo

Causa Galiza interpreta o xuízo do 24 e 25 deste mes na Audiencia Nacional como un salto cualitativo do Estado fronte o independentismo. Temen que se abone o terreo de cara a “ilegalizacións ou persecucións de organizacións e militantes independentistas”

presos

Este sábado, a partir das 19:00 horas, a Alameda compostelán acolle unha manifestación “solidaria” para cos catro independentistas galegos que van ser xulgados na Audiencia Nacional o 24 e 25 de xuño. Antom S, Eduardo V, María O. e Roberto F. enfrentan unha petición de 64 anos de prisión.

Desde Causa Galiza faise un apelo á cidadanía a tomar parte nesta mobilización e lembran a importancia de exercer a “solidariedade activa” pois é moito, apuntan, o que está en xogo. Así, sinalan que a novidade do proceso non reside tanto “nas extraordinarias peticións fiscais” como o de aposta do Estado “por demostrar que en Galiza hai unha banda terrorista activa”, en referencia a Resistencia Galega.

"Hai que dar unha resposta ampla e plural frente ao xuízo e a perspectiva da ilegalización e/ou persecución de organizaciónsas, asociacións e militantes independentistas"

Aliás, engaden que se produce un “punto de inflexión xurídico” polo que se estaría a abonar o terreo de cara a “posteriores procesos represivos” contra o indipendentismo ou "disidencia política". Causa Galiza incide, así pois, en que a sentencia que saia dese xuizo na AN vai ser transcendetal e "terá un alto contido político basado en criterios de eficacia na represión do independentismo”.

Por todo iso, a plataforma soberanista apela aos "axentes políticos, sociais e sindicais" do nacionalismo, e non só do nacionalismo, a “reaxir ante esta ofensiva” e “configurar unha resposta ampla e plural”

Comentarios