ELECCIóNS GALEGAS

Abel Caballero descarta Carmela Silva como candidata do PSdeG á Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, un dos pesos do actual PSdeG, descartou este domingo Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e referente do PSdeG en Vigo, como candidata dos socialdemócrata á presidencia da Xunta.

Abel Caballero alcalde de Vigo
photo_camera Abel Caballero alcalde de Vigo

“Cando un está nun lugar debe asentarse”, así contestaba este domingo Abel Caballero a unha pregunta da entrevista concedida á Cadena Ser, que o interpelaba sobre a posibilidade de que a actual presidenta da Deputación de Pontevedra fose a candidata do PSdeG á presidencia da Xunta.

Para o tamén presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Carmela Silva “sería unha moi boa opción para Galiza, España ou Europa pero este non é o caso”. “Eu son alcalde de Vigo. Levo nove anos e non me movo de aquí nin con lanzachamas”, engadiu.

Caballero di que desbotou participar da xestora que dirixe o PSdeG

Caballero admitiu que desbotou formar parte da xestora que dirixe a día de hoxe o PSdeG, ao igual que tampouco quixo facer parte da Executiva que presidía o entón secretario xeral dos socialdemócratas, José Ramón Gómez Besteiro.

O alcalde de Vigo, que salientou o “deterioro” de Feijóo e a súa xestión “deficiente e frouxa”, emprazou o PSdeG a “dosificar ben os seus tempos” e a elixir o candidato á Presidencia da Xunta sen présas.

Comentarios