POLÍTICA

Abel Caballero acusa a Xunta de entregar máscaras adquiridas polo Goberno español e "quitarlles a etiqueta"

O Executivo galego nega as acusacións do alcalde de Vigo. 
Lotes de máscaras (Delegación do Goberno).
photo_camera Lotes de máscaras (Delegación do Goberno).

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou esta quinta feira que "todas" as máscaras distribuídas pola Xunta foron adquiridas polo Executivo estatal, tras o que, segundo asegurou, a Administración galega "quitoulles a etiqueta do Goberno e entregounas".

Así se pronunciou durante unha comparecencia telemática na que volveu a denunciar que o Executivo que preside Alberto Núñez Feixoo "entregou 15.000 máscaras caducadas desde 2014", en referencia ao primeiro envío destinado á cidade olívica.

Porén, o Goberno galego defendeu en varias ocasións que este material de protección contaba coas garantías exixidas polo Ministerio de Sanidade para a súa distribución.

Após explicar que o Goberno local repartirá 30.000 máscaras "de modo inmediato", ás que a vindeira segunda feira se engadirán outras 20.000 "compradas polo Concello e que veñen do Goberno", Caballero lamentou que "segue agardando polas da Xunta".

A Xunta pide que "deixe de torpedear"

Pola súa parte, a Xunta asegurou que as acusacións do rexedor olívico sobre a etiquetaxe das máscaras entregadas son "falsas". Desde o Executivo de Feixoo afirman que "9 de cada 10 unidades utilizadas polo Goberno galego" foron adquiridas pola Administración galega.

Comentarios