mércores 03.06.2020

ABC súmase ao discurso oficial do PP e nega a veracidade dos documentos publicados

O xornal español cre que os papeis atribuídos a Bárcenas non son verdadeiros "por seren fotocopias, conter incoherencias, faltar anos e porque os receptores de sobresoldos negan que recibiran nada". Ao igual que Núñez Feijóo en Galiza, o diario dereitista defende a inocencia da cúpula do PP e do presidente do Goberno negando a existencia dunha contabilidade B no partido.
Portada ABC
Portada ABC

ABC reproduce hoxe o discurso oficial da "dúbida" sobre os papeis de Bárcenas para quitarlle importancia ao escándalo que vive o PP sobre a súa financiación. Segundo o xornal madrileño, o manuscrito reproducido por El País hai uns días ten eivas que "invalidan" a súa "credibilidade" diante da xustiza. 

A primeira sería a autoría destas "contas en B" que o propio Luís Bárcenas, ex-tesoureiro do PP, negou após a súa publicación e que logo outro ex-alto cargo do partido, Jorge Trías Sagnier, declarara que eras auténticas.

Un dos pontos esencias da polémica, a proba caligráfica que realizaron xa [email protected] na materia e que probaron que a letra era de Bárcenas, non sería válida para este medio de comunicación "sen a presenza física dos orixinais". Mais para este xornal aínda que se autentificara a súa autoría seguirían sendo falsos baixo o argumento de que serían unha invención do propio ex-tesoureiro do PP.

[email protected] en "contabilidade oculta"

Alomenos curiosa é que se remita a consulta sobre estes papeis a "economistas e auditores" expertos en contabilidade oculta. Unha das razóns que argumentan para rexeitar a autenticidade destas probas do pago en negro a altos cargos do PP é que son "un auténtico despropósito". Segundo estes "expertos que prefiren manter o anonimato" nunca aparecen datos reais "da contabilidade oficial" xunto a "contabilidade oculta". A proba, logo, de que estes papeis non son auténticos sería que non cumpren co "manual" do fraude fiscal.

Outro dos "erros" que probarían que a suposta contabilidade en B publicada é falsa sería, para o ABC, que faltan algúns anos. Os rexistros que non figuran na documentación son os que van de 1993 a 1996.

O xornal madrileño consulta sobre os papeis de Bárcenas a "economistas e auditores" expertos en contabilidade oculta

Falan @s implicados

A última das "probas" que presenta o xornal que dirixe Bieito Rubido é a palabra [email protected] [email protected] [email protected] Falaron para este medio de comunicación @s altos cargos que figuran como [email protected] de sobresoldos. Negan ter recibido sobres con cartos, entre [email protected], María Dolores de Cospedal, Javier Arenas, Ángel Aceves, Teófila Martínez, Ana Palacio, Mariano Rajoy e José María Aznar.

O PP publica as contas "A"

A formación que lidera Mariano Rajoy vén de publicar na páxina oficial do partido as contas e balances dos anos 2008, 2009, 2010 e 2011. Os documentos que se poden consultar son posteriores aos denominados "papeis de Bárcenas" e remiten aos datos que xa coñece Facenda, non aos que provocaron o escándalo estes días. Na nota que acompaña á publicación destes datos o PP asegura que este paso "pon de manifesto unha vez máis a súa decisión, aposta e liderazgo na total transparencia cos cidadáns".

comentarios