domingo 29.03.2020
ELECCIÓNS

Abascal será a cara da campaña de Vox na Galiza

O lider de Vox primará a imaxe do partido aos nomes das integrantes das listas

bascal espinosa Vox (Europa Press)
bascal espinosa Vox (Europa Press)

Vox por riba dos nomes propios. A formación que dirixe Santiago Abascal anunciou este domingo a súa estratexia de cara aos comicios galegos e vascos, nos que o partido de extrema dereita priorizará as súas siglas aos nomes propios que integren as listas. 

Consciente da dificultade para sacar réditos políticos nestas prazas electorais, o propio Abascal decidiu envorcarse nestas eleccións autonómicas e pasará a campaña dacabalo entre os dous territorios, liderando directamente a oferta do seu partido. A el sumaranse outros líderes da súa executiva nacional como Javier Ortega-Smith ou Iván Espinosa de los Monteros. O obxectivo é pedir aos cidadáns que apoien o proxecto de Vox, as súas siglas, por encima das persoas.

De feito, o partido non ten previsto nomear candidatos á Xunta ou a Lehendakaritza, senón que quere que sexa o nome de Vox o que se enfronte ao PP, o PSOE ou o PNV aproveitando os bos resultados cultivados no resto de España nas últimas citas electorais.

O obxectivo é pedir aos cidadáns que apoien o proxecto de Vox, as súas siglas, por encima das persoas.

O partido de Abascal é consciente da dificultade de que o seu discurso cale en territorios cun maior compoñente nacionalista, como Galiza e Euskadi. Con todo, e precisamente por iso, cre que nelas é máis necesario aínda dar a batalla por conseguir representación.

Nas xerais do 10 de novembro, Vox non conseguiu ningún deputado no Congreso na Galiza, onde obtivo unha porcentaxe de 7,8% dos votos, fronte a 15,09 % do total do Estado español que lle permitiu sumar 52 representantes no Congreso.

comentarios