Abascal reitera a súa dispoñibilidade a pactar co PPdeG se Vox é necesario

Vox congreso

O presidente de Vox, Santiago Abascal, amosou esta terza feira a súa dispoñibilidade a chegar a un acordo co PP na Galiza se son necesarios os seus votos para formar goberno após as eleccións do 5 de abril. E se o presidente da Xunta e candidato dos 'populares', Núñez Feixoo, dixo, mantén a súa negativa a falar con Vox, Abascal suxeriu que "o mesmo" a solución é retirarse e dar paso a outro.

Nunha entrevista en EsRadio, recollida por Europa Press, o líder de Vox aceptou que poidan chegar a acordos na Galiza se os escanos obtidos por Vox son necesarios para formar goberno e indicou algunhas das condicións que o seu partido pon sobre a mesa, como as cuestións lingüísticas para protexer o uso do español. .

Vox fará públicas esta semana as súas candidaturas nas catro circunscricións galegas, aínda que non formalizará un 'número un' á Xunta.

Comentarios