Abascal reitera a disposión de Vox a apoiar o PP na Galiza para frear a “extrema esquerda”

Afirma que a extrema dereita terá representación no Parlamento galego após o 12X
Vox congreso

O presidente de Vox, Santiago Abascal, confirmou esta sexta feira a disposición do seu partido a apoiar o PP na Galiza tras as eleccións do 12 de xullo para evitar un Goberno de esquerdas e promover un novo mandato de Núñez Feixoo, quen cre que "necesita vixilancia".

Nunha entrevista en EsRadio, recollida por Europa Press, Abascal lamentou declaracións realizadas polo presidente da Xunta durante os últimos meses "desprezando" a Vox, pero a pesar diso recoñeceu que a súa formación estaría disposta a chegar a un acordo con el para impedir un goberno "de extrema esquerda" na Galiza.

O líder de Vox recoñeceu que o seu partido non está en situación de gañar as eleccións galegas, mais en cambio si cre que a súa opción de ter representación "é moi grande" e tamén de condicionar o futuro Goberno.

"Feixoo necesita vixilancia para non dicir estas parvadas e non falar en nome de todos os galegos".

Comentarios