A Xunta Directiva do PP galego reunirase o 18 de abril para convocar un congreso a finais de maio

Previamente, segundo o propio Feixoo anunciou nesta cuarta feira, producirase a substitución á fronte da Xunta.
Alberto Núñez Feixoo, ao remate do congreso extraordinario do PP en Sevilla. (Foto: Eduardo Briones/Europa Press)
photo_camera Alberto Núñez Feixoo, ao remate do congreso extraordinario do PP en Sevilla. (Foto: Eduardo Briones/Europa Press)

[En ampliación]

A Xunta Directiva do PP foi citada para o vindeiro luns 18 de abril, coa convocatoria do seu 18 congreso, que terá un carácter extraordinario, e do que sairá un novo equipo previsibelmente liderado polo pontevedrés Alfonso Rueda, como único punto da orde do día.

O máximo órgano do partido entre congresos foi citado nun hotel compostelán para as 17.30 horas da segunda feira polo secretario xeral do PP, Miguel Tellado, que dirixe o partido de forma interina tras a renuncia de Alberto Núñez Feixoo para asumir as rendas do PP estatal.

O cónclave convocarase, segundo as fontes consultadas por Europa Press, para finais de maio. Previamente, segundo o propio Feixoo anunciou nesta cuarta feira, producirase a substitución á fronte da Xunta.

Comentarios