A Xunta cede a Madrid os millóns que podería ingresar polos danos do Prestige

O Goberno galego subroga no estatal as posíbeis indemnizacións polas consecuencias do naufraxio e só reclama 1,2 millóns de euros polo uso de Sogarisa fronte aos 2.152 que solicita Madrid por danos. A Xunta tamén recoñece que ocultou información. Imaxe: Greenpeace

[Imaxe Greenpeace]
photo_camera [Imaxe Greenpeace]

O xuízo do Prestige avanza na súa recta final e xa chegou ás peticións en materia de responsabilidade civil, onde o Goberno central solicita unha indemnización de 2.152 millóns de euros.

Con todo e para alén da sentenza final e das dificultades para cobrar na súa totalidade as sancións económicas que se impoñan -depende da sentenza pero é posíbel que a armadora Mare Shipping non abone máis dos 1.000 millóns de dólares que tiña subscritos nunha póliza.  

O letrado da Xunta admitiu que o executivo de Manuel Fraga ocultou información durante a crise e mesmo tentou desenvolver un 'apagón informativo'

O certo é que a Xunta renunciou a recibir directamente os cartos que lle corresponderían en cuestión de danos -poderían ser varios millóns de euros- e decidiu ceder eses posíbeis ingresos a Madrid.

Así, o avogado da administración autonómica, Fernando Juanes, confirmou que San Caetano subroga no goberno central as reparacións económicas que compensarían os fortes gastos que provocou a catástrofe do petroleiro e a súa protestada xestión por parte do PP.

Unicamente fan unha excepción co tratamento aínda pendente de 10.000 toneladas de verquido que vai ser tratado na planta de Sogarisa, polo que piden 1,2 millóns.

O letrado da Xunta admitiu que o executivo de Manuel Fraga -ao que xusto nesas datas sumouse Núñez Feijóo- ocultou información durante a crise, e mesmo recoñeceu un intento de “apagón informativo”.

Comentarios