A Unión de Garda Civís pide unha rectificación á concelleira do BNG en Ourense que defendeu a liberdade para Otegi

Cualifica de “auténtica aberración” as palabras de Ximena González. Nas redes sociais, a edil ten recibido múltiples apoios, como o de Guillerme Vázquez, ex-portavoz nacional do BNG

A Unión de Garda Civís sacou un comunicado para exixir a Ximena (eles poñen Jimena) González que rectifique as súas palabras no pleno de Ourense pronuncíándose a prol da liberdade de Otegi. Cualifican o dito pola concelleira do BNG como “auténtica aberración” e din que Otegi é o “brazo da banda asasina que tanto dano causou”.

A liberdade de Otegi é unha demanda que soborda o mundo do nacionalismo vasco. Estes días, e após a decisión da xustiza española de mantelo en prisión, até dirixentes socialistas vascos ou de sindicatos españois manifestáronse neste sentido.

Apoios...e algunha ameaza

As palabras de Ximena no pleno teñen sido aplaudidas nas redes sociais por diferentes persoas. Tamén houbo algún que outro improperio ou mesmo ameaza dura. Como a de @jaime_pintos que di: “Pois á concelleira do BNG que pediu a liberdade de Otegi r se cando saia de prisión a mata, por imbécil”

Comentarios