A ilegalidade do PP ao anular o concurso eólico suporá unha sangría económica para a Xunta

A suspensión do concurso eólico do bipartito desenvolvida por Feijóo é considerada polo TSXG unha desviación de poder, isto é, a instrumentalización da lei para fins propios. A sentenza publicada o pasado mes de xullo carrexará importantes indemnizacións patrimoniais a favor da empresa demandante e podería incorrer en responsabilidades penais para varios membros do goberno da Xunta.  

A suspensión e paralización do concurso eólico posto a andar polo bipartito foi o mantra da campaña electoral daquel FeijÓO9.  A sentenza promulgada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ditamina que a estrutura xurídica empregada polo goberno da Xunta para perpetrar a devandita suspensión, incorre en vicios de ilegalidade. Isto é, as causas achegadas para desenvolver a suspensión --que supostamente estaban baseadas na propia lei-- non eran tal, empregando a "suspensión cautelar" como un instrumento partidario para cumprir os obxectivos do PP. 

A situación após o ditame do TSXG é que a Xunta de Galiza afronta demandas por indemnización patrimonial e mesmo por danos e prexuízos, que poderían superar os 14 millóns de euros no caso de Aucosa S.A, empresa recorrente na sentenza promulgada o pasado mes de xullo. Mais a contía non ficaría aí, pois existen en curso seis procedementos máis.

Aliás da desviación de poder, algúns membros da Xunta de Galiza responsábeis da estrutura xurídica que sostiña a suspensión e paralización do concurso eólico poderían incorrer en delitos penais como a prevariación, pois os informes sob os que asentaron a decisión administrativa baseábanse en falacias e manipulacións, recoñecidas xa pola sentenza publicada. Entre as persoas afectadas atópanse a directora xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galiza ou o daquela secretario xeral da consellaría de Industria.

Comentarios