A responsábel de Sanidade en CCOO Galicia, con Feijóo e Dorado no iate

María José Alende acompañaba ao daquela número 2 da Consellería de Sanidade e o contrabandista arousán no paseo pola Ría, segundo o xornal Público

 

María José Alende, responsábel de Sanidade na federación de CCOO en Galiza é a muller que navegaba con Núñez Feijóo e Marcial Dorado no paseo en iate por augas da Ría de Vigo, segundo sinala Público.

Segundo a información deste dixital, Alende Maceira mantiña unha relación sentimental co actual presidente da Xunta e daquela número 2 da Consellería de Sanidade e responsábel do Sergas. “O que se falaba en CCOO pola mañá, Feijóo sabíao por tarde”, recoñecen fontes de Comisións Obreiras na mencionada información.

Comentarios