A fusión de concellos será subvencionada pola Xunta

O vice-presidente da Xunta asegurou en comparecencia parlamentar que o executivo galego pulará pola fusión dos concellos a través da aplicación de políticas de discriminación positiva nas subvencións.

O Partido Popular continúa adiante coa fusión de concellos. Ao igual que asegurara no seu discurso de investidura o presidente da Xunta, a nodificación do mapa territorial galego está entre os obxectivos principais do executivo para esta lexislatura. Neste senso, Alfonso Rueda, asegurou a pasada quinta feira na súa comparecencia en comisión parlamentar, que a Xunta de Galiza desenvolverá unha "política de discriminación positiva" para aqueles concellos que se fusionen.

Oza e Cesuras votan esta sexta a súa fusión

Segundo o vice-presidente, desde o goberno galego primarán as "subvencións" dirixidas a aquelas administracións municipais que decidan integrarse. A medida que pretende aprobar a Xunta de Galiza, terá un período de aplicación "de 10 anos", apuntou Rueda.

A política de reforma territorial promovida desde o executivo liderado por Alberto Núñez Feijóo, podería efectivizarse esta mesma sexta feira nos Concellos de Oza e Cesuras. Ambos os dous municipios coruñeses, votarán en sendos plenos --celebrados de maneira simultánea-- a súa fusión nunha soa entidade administrativa.

A Xunta subvencionará de maneira prioritaria aos concellos que se fusionen

A primeira reforma desta envergadura en 44 catros, conta co rexeitamento dos grupos da oposición. Tanto @s edís de PSOE, BNG e Compromiso por Galicia, rexeitan de maneira tallante desde o inicio da tramitación, ao consideraren "inconcebíbel" que non se tivera consultado coa veciñanza a propia decisión. Aliás, denunciaron en diversas ocasións o descoñecemento dos plans de viabilidade económica que, supostamente e segundo defenderon desde o Partido Popular, constituían o aval da rendibilidade da integración entre os concellos.

No entanto, o concelleiro socialista de Oza, asegurou nestes días, que a súa formación si aceptaría unha fusión, mais que esta tería que se producir con Betanzos e non con Cesuras.

Comentarios