A Fiscalía do Estado recaba datos para pedir a ilegalización de Sortu

O fiscal xeral do estado recoñece que están a reunir probas neste sentido. Aliás, un dirixente da formación abertzale foi detido nesta segunda pola participación no acto de recebemento dos restos dun membro de ETA morto en presión

Lectura da mensaxe de Otegi no congreso de Sortu

O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, asegurou que está recabando datos para, "nun momento determinado", poder solicitar a ilegalización de Sortu, ao entender que algúns dos últimos actos de homenaxe a presos de ETA poden ser considerados de enaltecimiento del terrorismo. Así o ven de afirmar a radiotelevisión publica vasca, EITB.

Antes de intervir na Comisión de Xustiza do Senado, Torres-Dulce referiuse ao acto de recebimento ao féretro do membro de ETA Xabier López Peña Thierry, polo que vén de ser detido un membro de Sortu Iker Rodrigo.O detido está considerado organizador do acto de recebimento no aeroporto de Sondika a López Peña, malia que os familiares do militante falecido negárono.

Demanda insistente

A ilegalización das formacións da esquerda abertzale é unha demanda constante de sectores da dereita (política e mediática española). Queren que se faga con Sortu, Bildu, Amaiur... o feito no seu momento Con Herri Batasuna.

Comentarios