A dirección de TVE censura a emisión dun documental sobre o Prestige

'Huellas de chapapote', un traballo dirixido por José Pedro Estepa sobre as consecuencias da maré negra ía se emitir en Documentos TV. Mais, a última hora, desde a dirección de TVE decidiron substituilo por unha produción xa emitida anteriormente: 'El misterio de los centenarios'
'Huellas de chapapote'
photo_camera Huellas de chapapote

Van aló máis de 10 anos mais semella que o naufraxio do Prestige e as súas devastadoras consecuencias para Galiza aínda proen. E non precisamente nos afectados directamente, senón naqueles que tiñan responsabilidades políticas no momento da catástrofe. TVE, con dirección nomeada ou da confianza d PP, censurou a emisión o pasado domingo dun documental sobre l Prestige, 'Huellas de chapapote', un traballo de José Pedro Estepa. Decidíu non emitilo e, na súa vez, poñer unha produción xa emitida anteriormente, 'El misterio de los centenarios'.

Unha decisión que os e as dirixentes de TVE tomaron malia estar anunciado que Documentos TV ía botar o traballo sobre o afundimento do petroleiro e as súas consecuencias. No documental abordábanse as consecuencias non só ambientais e económicas desta catástrofe, senón tamén aquelas sobre a saúde das persoas. 

"A xente é moi consciente de que imos pagar a factura de todo aquelo” afirma Nacho Castro, xerente da confraría de pescadores de Muxía, neste documental. Unha reflexión que os espectadores de TVE non poideron escoitar. Como moitas das outras comprendidas neste traballo.

Comentarios