A conselleira de Facenda desbota acudir ao fondo de rescate en 2013

En delcaracións á Radio Galega, Elena Muñoz asegurou que o executivo galego non acudirá ao Fondo de Liquidez Autonómica "neste ano 2013".


Nunha entrevista concedida esta sexta feira á Radio Galega, a titular de Facenda, asegurou que a Xunta de Galiza foi quen de situar nos mercados financeiros "toda a débeda para este ano" --1.400 millóns de euros autorizados-- o que desbota, en verbas da propia conselleira, a necesidade de acurdiren ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA).

Muñoz reiterou --como xa o fixera o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo-- que as condicións coas que as entidades financeiras están a emprestar crédito ao executivo galego permite que "Galiza neste momento, a día de hoxe", asegurou a conselleira, "non acurda ao FLA neste ano 2013". No entanto, desde a Xunta continúan a manter o posicionamento marcado polo presidente quen abría a porta á posibilidade dun rescate sempre que as condicións que ofrecese o Tesouro público, fosen "mellores para o interese de Galiza".

Comentarios