mércores 28/10/20

A Alianza Libre Europea reproba a Lei Wert de Educación e apoia a pluralidade lingüística

A ALE é unha organización política europea integrada por 35 formacións políticas nacionalistas de nacións sen Estado en toda Europea, entre elas o BNG. Vén de realizar a súa XI asemblea

ALE

O BNG toma parte na XI asemblea da Alianza Libre Europea (ALE), que se celebra baixo o lema Cara a Liberdade, representado pola eurodeputada e secretaria de Política Internacional, Ana Miranda, ademais de polo presidente da Fundación Galiza Sempre, Xesús Veiga.

Un total de 35 organizacións políticas, entre elas o BNG, conforman a ALE. O dereito á autodeterminación e á soberanía nacional, a diversidade lingüística e cultural, a xustiza social, a rexeneración democrática e a defensa dos dereitos humanos, figuran como sinais de identidade da ALE

Para Ana Miranda, "é moi importante para o nacionalismo galego formar parte da ALE, como espazo político de encontro e colaboración con outras forzas nacionalistas europeas, en particular neste contexto de crise onde resulta máis necesario ca nunca defender unha Europa Social e dos Pobos”.

Apoio aos referendos de Escocia e Catalunya

Nesta XI asemblea foi aprobada unha declaración denunciando a Lei Wert de Educación, reclamando a garantía de poder recibir a educación en lingua galega como a garantir a aprendizaxe do propio idioma. Aliás, quedaron aprobadas mocións de apoio aos procesos de referendo en Escocia e Catalunya, asi como unha moción de apoio ao proceso de paz en Euskal Herria.

comentarios