O 88% dos votantes na consulta de Podemos rexeitan o pacto co PSOE e Ciudadanos

Tomaron parte 150.000 persoas. Un 91,2% avala traballar por un goberno “de esquerdas”.

pedro sánchez pablo iglesias psoe podemos

A afiliación de Podemos vén de dar un non rotundo a un pacto de goberno co PSOE e Ciudadanos. Un 88,23% das 150.000 persoas que tomaron parte no referendo rexeitan o acordo e un 91,27% avala traballar para atinxir un 'goberno de esquerdas', tal e como propón a dirección estatal de Podemos.

Pablo Echenique, secretario de Organización do partido, anunciou os resultados desde Zaragoza e cifrou o número de persoas participantes en 149.513. É a consulta con máis participación en toda a historia do partido de Pablo Iglesias. Na consulta sobre o programa electoral do 20-D a participación non chegara ao 4% mentres que nesta andou por volta do 38%.

Na consulta de Pedro Sánchez á militancia do PSOE para ratificar o acordo con Ciudadanos tomaron parte 95.000 militantes socialistas, un 52% dos inscritos. Nesta cita, un 79% votaron a prol do pacto.

Comentarios