POLÍTICA

81% das bases de CxG decide concorrer nunha coalición de forzas galegas ás eleccións

Desde Compromiso por Galicia apostan por confluír con forzas que non sexan "altofalantes das súas sedes de Madrid" para as eleccións do 12 de xullo. 
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia (arquivo).
photo_camera Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia (arquivo).

O 81% das bases de Compromiso por Galicia (CxG) votou a favor esta terza feira de concorrer ás eleccións do próximo 12 de xullo nunha coalición de forzas galegas.

A vindeira sexta feira finaliza o prazo para a inscrición de coalicións e perto de converterse nunha delas está a alianza de En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista, que ademais queren sumar a mareas municipalistas que se presentaron ás pasadas eleccións municipais con distintos resultados.

Segundo informa CxG nun comunicado, a súa militancia decidiu concorrer ás eleccións nunha coalición por unha "amplísima maioría". A formación aposta por unha "candidatura de país ampla" que teña como "eixo central" ao galeguismo.

O secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo, asegura que se vai a "facer todo o posíbel" por alcanzar unha "solución ampla" para o 12 de xullo con forzas que non sexan "altofalantes das súas sedes de Madrid".

Comentarios