luns 03/08/20

700.000 euros de fondos para I+D+i trasvásanse para obras na Cidade da Cultura

700.000 euros de fondos para I+D+i trasvásanse para obras na Cidade da Cultura

En Marea denuncia o traspaso de fondos destinados ao fomento da I+D+I ás obras de construción do Edificio Fontán na Cidade da Cultura. A deputada Ánxeles Cuña conseguiu o apoio dos grupos do Parlamento para que a Xunta faga público o informe sobre os gastos da nova sede do Consorcio Interuniversitario de Galiza que o goberno FEixoo planea construir na Cidade da Cultura.


Cuña afirma que se van trasvasar 700.000 euros dos fondos de fomento da I+D+I para comezar as obras do novo edificio na Cidade da Cultura. “E a Consellería prevé que teñan o mesmo destino ata 2,5 millóns de euros coa excusa de impulsar un complexo de I+D+I do sistema universitario galego".
 

Para En Marea constituye "un absoluto delirio" que a Xunta pretenda enmascarar como impulso ao I+D+I a construción dun edificio administrativo, e denuncia a escasa execución orzamentaria que caracteriza a acción do goberno galego neste eido. No período 2009-2017 deixáronse sen executar máis de 215 millóns de euros en investigación e desenvolvemento.


Mentres que en Europa o gasto medio por habitante en I+D+I  estaba no 2015 nos 593 euros; no conxunto do estado a cifra descende ata os 284; e en Galiza non pasa de 181.

comentarios