O 60% dos vascos apoia un referendo de autodeterminación

O 31% votaría a favor da independencia e un 39% en contra. 

consulta azpeitia euskal herria Imaxe Naiz

O Euskobarómetro correspondente ao mes de outubro indica que o 46% dos vacos considérase 'nacionalista' mentres que un 50% sitúase como 'non nacionalista'. O estudo, elaborado en base a 800 inquéritos polo equipo dirixido polo profesor da UPV/EHA Francisco Llera, recolle que o 60% das persoas no País vasco son partidarias de que se realice un referendo de autodeterminación. Na consulta, un 31% das participantes escollería a opción de independencia fronte a un 37% que votaría contra esa opción.

O 60% dos enquisados manteñen a compatibilidade da identidade vasca e española. Aqueles que se consideran só españois ou máis españois que vascos suman un 7%. Os que se ubican en máis vascos que españois (22%) ou só vascos (32%), son o 54%.

En canto á definiciación de Euskadi como unha nación, esta é rexeitada polo 35% das persoas enquisadas, mentres que un 47% está a favor (hai unha década os partidarios eran o 55%). O actual estado das autonomías convence ao 33% dos vascos, un estado federal ao 34%.


 

Comentarios