5-A: 50.000 galegos e galegas pediron expresamente non recibir propaganda electoral

Papeleta Dani Candal
photo_camera (Dani Candal)

Un total de 47.356 persoas solicitaron na Galiza ser excluídas das copias do censo electoral que se entregaron aos e ás representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral. É dicir, solicitaron expresamente que os partidos políticos non lles envíen as súas papeletas e folletos publicitarios.

En concreto, 47.240 son electores residentes na Galiza, mentres que 116 son residentes no estranxeiro, segundo os datos recollidos por Europa Press con base no Instituto Nacional de Estatística (INE).

Aliás, a oficina censal electoral recibiu 97 queixas de votantes residentes ausentes, das cales 94 foron aceptadas. Un total de 41 referíronse a altas e seis a baixas, mentres que 53 consistiron en modificacións.

Comentarios