A marcha do 25X procura na rede persoas para portar a faixa de cabeceira 

A través dun anuncio na súa web, o grupo promotor do manifesto “Pola unidade” publica unha convocatoria aberta na que se teñen que anotar todas as persoas que queiran portar ir na cabeceira da manifestación do 25 de xullo. 

25xullo
photo_camera 25xullo

O grupo promotor da manifestación “Pola unidade” que partirá o vindeiro 25 de xullo ás 12 da mañá desde a Alameda de Compostela promove, a través da rede, unha convocatoria aberta para se anotar as persoas que queiran portar a faixa da cabeceira ou ir inmediatamente detrás. A única condición que sinalan para ocupar eses postos iniciais é que non se poderán levar simboloxías partidarias ou que non responda “ao espírito inclusivo da convocatoria”. 

Na faixa inicial, como anunciaron en rolda de prensa, poderase ler só o lema “A nación galega”, sen ningún logotipo nin símbolo. Representantes do grupo promotor convidaron a pasada sexta feira a organizacións, entidades, asociacións e a toda a cidadanía a participar nunha convocatoria que quere  ser “de unidade e multitudinaria”. Desde a páxina tamén se poden descargar cartaces e logotipos, tamén para mudar o perfil de twitter. 

Comentarios