O vlogue de Xosé Mexuto

“O 25S tomamos dúas decisións: Feijóo si ou Feijóo non e que país queremos”

No seu vlogue, o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, pasa revista aos 15 días de campaña eleitoral, que esta noite ás 24.00 horas toca ao seu fin.

Xosé Mexuto debulla a campaña líder a líder -Feijóo fuxindo do debate e da sombra de Rajoy, Leiceaga e Villares a pelexaren polo mesmo espazo, Ana Pontón como revelación da carreira- e ao tempo explicita as que, ao seu xuízo, son as dúas grandes decisións que as galegas e os galegos tomaremoso 25S.

“O 25 de setembro temos dúas decisións que tomar. A primeira, a máis evidente, a máis obvia, Feijóo si ou Feijóo non. A segunda, que país queremos. Queremos un país, estancado, un país que olla para o Estatuto de 1981 ou queremos un país que pon as luces largas, pensa que estamos en 2016 e que ten que aspirar a un horizonte novo? Esa é a grande decisión que hai que tomar o 25 de setembro. En todo caso, vostés teñen a palabra e a decisión”, afirma o director de Sermos.

Comentarios