22 de maio, a data para a consulta de En Marea sobre Quinteiro

As bases deberán responder á seguinte pregunta: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

Paula Quinteiro. Deputada de En Marea. Anticapitalistas. 6 de febreiro de 2017
photo_camera Paula Quinteiro.

A consulta non vinculante ás bases de En Marea para que estas decidan o futuro da deputada Paula Quinteiro realizarase a terza feira 22 de maio se o Consello das Mareas dá o visto e prace á proposta de regulamento da votación nunha reunión telemática que terá lugar esta segunda feira.

Os 35 membros do Consello están convocados esta segunda feira día 14 a participar nunha votación a través da rede social 'Telegram' para referendar o regulamento da consulta Europa Press tivo acceso á proposta de regulamento e nel establécese  que as votacións comenzarán ás 10,00 horas do día 22 e concluirían 36 horas máis tarde, o día 23 ás 22,00 horas. Á primeira hora da quinta feira, día 24, os resultados faríanse públicos.

A pregunta que a dirección de En Marea exporá aos inscritos será: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

As persoas que queiran participar na consulta deberán figurar como inscritos de En Marea. O censo permanecerá pechado a partir das 23:59 deste domingo.

“Non aceptarei a consulta”

A deputada Paula Quinteiro afirmaba esta semana nunha entrevista no Faro de Vigo que non aceptaba a consulta sobre a súa demisión porque “estaba viciada”, para alén de que viña impulsada por “unha parte minoritaria, non o conxunto” da formación.

Comentarios