venres 24/09/21

O 22-M convocará unha marcha para rodear o Parlamento galego

As organizacións que fan parte da plataforma celebraron unha asemblea en Teo e convocarán a rodear a Cámara do Hórreo un sábado, dentro dunha mobilización acordada a nivel estatal.

A plataforma Galega do 22-M, que integran diversos colectivos e organizacións, decidiu nunha asemblea celebrada en Teo realizar o próximo 21 de xuño un "acto simbólico" e "pacífico" no que se rodeará o Parlamento galego, á vez que teñen previsto organizar en outono diversas Marchas da Dignidade que confluirán en Santiago.

Un dos voceiros da Plataforma Galega do 22-M, Santiago Lamelo, afirmou que todas estas protestas teñen como fin "intentar cambiar o sistema" e engadiu que as convocatorias terán lugar en paralelo ás que haberá noutras comunidades do Estado co mesmo motivo.

Así, preguntado sobre como se desenvolverá a protesta nas inmediacións do Parlamento de Galicia, na céntrica rúa compostelana do Hórreo, Lamelo incidiu no carácter "totalmente pacífico" do que será "unha cadea humana". Remarcou que o 21 de xuño non se impedirá o paso a [email protected], xa que, ao ser sábado, é un día sen actividade parlamentar. Antes, pedirán permiso á Delegación do Goberno.