17% das persoas que poden votar nas eleccións galegas de 5 de abril residen fóra do Estado español

72.964 galegos e galegas votarán por primeira vez nunhas eleccións para o Parlamento da Galiza.

papeletas catalunya referendo dani candal
photo_camera Papeletas nun colexio electoral.

Un total de 2.699.876 persoas están convocadas para votar nas próximas eleccións ao Parlamento da Galiza, que terán lugar en 5 de abril. Destas, 72.964 poderán facelo por primeira vez nas eleccións galegas.

Estes son os datos que saen do censo electoral actualizado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), dos que tamén se recolle que 2.237.062 persoas son electoras e electores residentes na Galiza e 462.443 no estranxeiro.

Os electores e electoras residentes no estranxeiro que desexen votar deberán solicitar o seu voto á delegación provincial da Oficina de Censo Electoral (OCE) correspondente ao seu rexistro até o 7 de marzo.

Arxentina é o país con maior número de electoras que poden votar o 5 de abril (165.334 persoas), seguida de Brasil (42.963), Cuba (41.756) Uruguai (36.859) e Suiza (33.421). 

Comentarios