Caen Ourense e Lugo, principais celeiros de votos do PP

42,49%: practicamente a mesma participación que en 2012

Aínda que os dados recollidos até as 12h (un 14,96% de 2016 face o 12,74% de 2012) apontaban a unha maior mobilización na Galiza, os dados correspondentes ás 17 horas, co 100% das cifras, amosan unha porcentaxe practicamente igual: o 42,49% face o 42,50% de 2012.

Colexio eleitoral. Oleiros. Eleccións Galegas 2016
photo_camera Colexio eleitoral. Oleiros. Eleccións Galegas 2016

Os últimos dados de participación (xa relativos ao cento por cento das mesas), os rexistrados até as 17h, practicamente igualan a porcentaxe de 2012. Así, namentres en 2012 votara o 42,50% do censo, en 2016 fíxoo o 42,49%. Onde máis cae a participación é nas circunscricións de Lugo e de Ourense, principais celeiros de votos do PP.

Circunscricións

Por circunscricións, a Coruña é a única na que a participación aumenta e sitúase no 42% (41,13% en 2012).

En Lugo, no 42,75% (43,32% en 2012).

En Ourense sitúase no 44,50% (46,18% en 2012).

En Pontevedra, no 42,29% (42,57% en 2012).

Cidades

Na Coruña a participación sitúase no 42,09% (40,74% en 2012)

En Ferrol rexístrase a suba máis ampla das sete cidades, cunha participación do 42,70% (41,31% en 2012)

En Santiago, no 43,62% (43,05% en 2012)

En Lugo dase a caída máis grande nas cidades, ao ficar a participación no 40,16% (43,32% en 2012)

En Ourense, no 40,98% (42,47% en 2012)

En Pontevedra, no 43,29% (42,48% en 2012)

E en Vigo, no 42,36% (42,36% en 2012)

Comentarios