12-X: Compromiso por Galicia de Maceda non fará campaña pola Marea Galeguista e pedirá o apoio para o BNG

O concelleiro Celso Sánchez anuncia que se desvinculan de CxG.

Candidatura de CxG nas Municipais de 2019 en Maceda
photo_camera Candidatura de CxG nas Municipais de 2019 en Maceda

Compromiso por Galicia de Maceda anuncia a través dun comunicado que non fará campaña a favor da coalición electoral da que CxG fai parte para as eleccións do 12 de xullo canda o Partido Galeguista e En Marea, 'Marea Galeguista'.

Considera que esta coalición non axuda para lograr ao que entenden que debe de ser o principal obxectivo desta cita coas urnas e que pasa por lograr que o Partido Popular e Núñez Feixoo non recunquen no Goberno da Xunta.

“Pediremos como grupo o voto para o BNG xa que nos parece a mellor alternativa a día de hoxe para acadar ó obxectivo de propiciar o cambio necesario na Xunta”, afirman no comunicado.

Ademais, entenden que CxG “deixou de ser un instrumento eficaz para defender os dereitos e intereses da Galiza como pobo e que os obxectivos polos que se fundou o partido deixaron de existir”.

Por iso toman a decisión de se desmarcar de Compromiso por Galicia e “constituírnos en grupo e candidatura independente co nome de Compromiso por Maceda”.

Comentarios