Ás 12.30 horas, primeiros dados de participación

Os 2.463 colexios eleitorais están a receber xa a visita de miles de galegas e galegos nas primeiras horas dunha votación que concluirá ás 20 horas. Ás 12.30 horas, a Xunta oferecerá o primeiro dado de participación.

monjas
photo_camera Un grupo de monxas a exercer o seu direito de voto. Foto: @xmtorne

Ás 12.30 e ás 17.30 a Xunta dará conta dos dados de participación, os referidos ás 12 e ás 17 horas, respectivamente.

Nas eleccións de outubro de 2012, a participación das persoas residentes no país acadou o 63,80 por cento, isto é, exerceron o seu direito de voto 1,4 millóns de eleitoras e eleitores. Ao se sumar os sufraxios do CERA (Censo de Residentes Ausentes), a participación final decreceu 9 pontos para se situar no 54,91 por cento. Os dados que coñeceremos na xornada de hoxe serán só de participación das persoas residentes. Os do CERA hanse de saber a vindeira cuarta feira, día en que se fecharán os resultados e en que teremos o dado definitivo de participación.

Unha vez que fechen os colexios, a TVG oferecerá os dados dunha enquisa feita a pé de urna.

O web para facer o acompañamento de toda a xornada é esta.

Este é o horario de votación das candidatas e dos candidatos:

Feijóo: 12 horas, Vigo.

Ana Pontón: 10.30 horas, Lugo.

Luís Villares: 11 horas, Lugo.

Xoaquín Fernández Leiceaga: 11 horas, Compostela.

Cristina Losada, 11 horas, Vigo.

Xoán Carlos Bascuas, 12.30 horas, A Baña.

Comentarios