A confluencia política é unha necesidade para as dúas formacións políticas: a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, afirmou que no contexto de emerxencia social "e o terrorismo financeiro practicado desde a política do PP", a sociedade "precisa dunha vertebración política que dea esperanza á cidadanía".
Con EU coincide a FPG: "por riba da cuestión nacional, está o problema de clase". Entre os seus obxectivos está referendar calquera iniciativa ou proceso encamiñado á loita pola hexemonía d@s traballador@s. Continúa así o proceso de converxencia entre forzas de esquerda e anticapitalistas: Esquerda Unida anunciou contactos coa FPG, Equo e Ecogalegistas, e proximamente con Esquerda Anticapitalista, Partido Humanista ou Anova-Irmandade Nacionalista, coa vontade de construíren unha fronte que xa chaman a "Syriza galega".