Pablo García cre que Pachi non concorrerá como candidato nas primarias

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, cre que o actual secretario xeral non concorrerá nas primarias para revalidar o seu cargo. Mais tampouco excluíu esa hipótese de forma taxativa.
Pablo García, secretario de Organización do PSdeG-PSOE
photo_camera Pablo García, secretario de Organización do PSdeG-PSOE


Pablo García, secretario de Organización do PSdeG-PSOE, dixo hoxe, nunha entrevista na Radio Galega, que "cre" que Pachi Vázquez, actual secretario Xeral d@s socialistas galeg@s, "non concorrerá á candidatura" nas anunciadas primarias antes do verán. Matizou que era unha “decisión persoal” do actual lider socialista “que é quen ten que responder” e deixa aberta a porta a todo o contrario. O propio Pachi Vázquez noutra entrevista na mesma emisora, deixara a aberto calquera escenario.

Na entrevista o secretario de Organización do PSdeG-PSOE negou un pacto da actual dirección con Xosé Blanco para adiar as primarias do partido e asegura que os prazos son “os que marca a executiva”. Non aclarou cal sería a formula a empregar para a convocatoria de primarias, os estatutos do partido non contemplan este proceso máis ca en tempo electoral, e asegurou que "o comité nacional do 2 de marzo terá a última palabra".

Comentarios