“O día da nosa república é o 25 de xullo, non o 14 de abril”

As redes sociais buliron neste 14 de abril coa reivindicación de república, si, mais galega. Na data da II República española, celebrada tamén na rede por milleiros, galeg@s defenderon as aspiracións de soberanía plasmadas por primeira vez con toda a súa intensidade nunha definición do poeta rianxeiro Manoel Antonio: República Galega

 

galega

Un republicano non é o mesmo no Estado español que en Irlanda ou en EUA. Malia o que pensen moitos republicanos españois, o concepto de republicano por si nada di. Así, en Madrid pode se definir así un admirador da II República, masacrada polo fascismo.

Mais en Belfast un republicano é un nacionalista irlandés. Un feniano herdeiro da saga de combatentes que ao longo da historia desta pequena illa se enfrontaron ao Imperio Britanico. E en Estados Unidos, un republicano é un simpatizante do partido que lideraron persoas como Reagan e Bush.

14 de abril foi aproveitado para 'facer pedagoxía' e reivindicar unha República Galega nas redes sociais. A través de todo tipo de chíos. Algo que tamén fixeron vascos e cataláns para reclamar as súas propias repúblicas

Mais, na Galiza, que é un republicano? Unha persoa que quere a III República española? Un admirador de Bobby Sands e os brave man combatentes do IRA? Un perdidiño neoliberal que soña cun descendente de Reagan a gobernar na Xunta? Ou aquel e aquela que queren unha República galega?

HT varios, unha mesma reivindicación

As redes buliron neste 14 de abril. Desde primeiras horas da mañá, onde abundaron os “Bos días e #RepúblicaGalega”. Precisamente, ese foi un dos grandes HT do día, #RepúblicaGalega, xunto con variantes como #República de Galiza, #EuRepúblicagalega, ... Difererentes HT para unha mesma reivindicación.

Un dos máis clarificadores foi @NorteGaliza, que sinalaba nun chío:“O día da nosa república é o 25 de xullo, non o 14 de abril”. @luciasantosro chamaba a “Recuperar a memoria histórica. Aprender do pasado. Ningunha República que oprima aos pobos. #RepúblicaGalega"

Mais a rede bulía con centos e centos de chíos: desde o “Non sei vós, mais eu torzo pola 2ª: pola 2ª República Galega ;) Saúde, Terra e #RepúblicaGalega ;)" de @xico_de_nelhe até a demanda de “Por unha república galega nosa, social e democrática “ de @susobermello.

E @Tawil opinaba: "Oxalá apoio q Galiza dá no 15 de abril para Espanha tiver 3ª República fosse correspondido com apoio no 21 de junho para Gz tiver a sua 2ª"

"Keep calm & República Galega"

E bandeira tricolor e republicana

Un dos chíos que máis éxito tivo foi o que adxuntaba unha foto da bandeira galega coa estrela vermella e a lenda: “Esta é a minha bandeira tricolor e republicana”. Tamén houbo chíos parabenizando aos españois pola data e animándoos na loita pola III República, ña vez que lembraban que a loita en Galiza tiña que ser por unha república propia. Unha liña, por certo, que tamén en Euskal Herria e Catalunya tivo moitos siareir@s.

Organizacións como o BNG, Anova, Nos-Up ou Causa Galiza tamén se sumaron aos chíos a prol da República Galega. Un deles, “Keep clam & República Galega” tivo bastante repercusión.

Lembrar

Tamén se moveu moito pola rede neste día chíos moi críticos co carácter de unionismo que tamén se acobillaba na II República. Así, lembrábanse frases de Azaña cando presidente da II República (“No hay más que una nación...España! Antes de consentir campañas nacionalistas que nos lleven a desmembraciones que de ningún tipo admito, cedería elpaso a Franco”)

Algúns chíos tamén incidían na escasa 'sensibilidade' que os republicanos españois amosan, á hora de verdade, cara as outras nacións do Estado

Mais tamén houbo chíos no Estado español, e desde a esquerda, moi críticos coa celebración da II República. Así, houbo quen lembraba que desde posicións presuntamente ruturistas e revolucionarias estábase idealizando un réxime que era unha democracia burguesa e que tamén golpeu á clase obreira. E houbo quen lembraba (coma o fgalego-francés @BuleBule75) que “Tiven d presidente a Chirac, perdoen q non participe na loanza ao tótem republicano. Iso si, mellor cunha monarquía si q é, pero pouco máis”

Comentarios