O BNG salienta que se sustenta coas achegas da súa militancia fronte a opacidade do PP

A secretaria de Comunicación da organización frontista asegurou en comparecencia de imprensa que "mentres outros partidos se financian de maneira opaca" o BNG conta "co esforzo da súa militancia" para continuar "defendendo os intereses de Galiza".

A responsábel de comunicación d@s nacionalistas, Carme Adán, amosou esta sexta feira "o agradecemento do BNG" á súa militancia polo esforzo económico que están a desenvolver para garantir, dixo, "a súa viabilidade". Adán asegurou que entrmentres outras formacións se financian de "maneira opaca" e a través de "sobres" --nunha clara referencia ao escándalo que asolaga a contabilidade do Partido Popular, a organización frontista solicitará das súas bases unha "contribución extraordinaria" como forma "lexítima de autofinanciamento".

Os recortes aprobados nas partidas orzamentarias destinadas a financiar as formacións políticas, mais tamén outros colectivos, supoñen unha importante redución no financiamento das organizacións. Neste senso, Adán indicou que o Consello Nacional do BNG solicitará á súa militancia unha "contribución económica voluntaria" encamiñada a financiar "a actividade política e así garantir a viabilidade económica" da formación.

Comentarios