“Respectariamos que Anova fose en coligación con forzas nacionalistas ás europeas"

Entrevistamos á coordenadora nacional de EU, Yolanda Díaz, após a asemblea nacional desta formación política, que concorreu nas eleccións galegas de Outubro conxuntamente con Anova baixo as siglas de AGE. "Respectariamos que Anova fose en coligación con forzas nacionalistas ás europeas", afirma.

Yolanda Díaz
photo_camera Yolanda Díaz

Esquerda Unida defende un Estado federal e unitario en que Galiza teña dereito a decidir. Yolanda Díaz afirma que “estamos perante un proceso revolucionario” -di en relación á situación sociopolítica que se está a a viver- no que é preciso “politizar o conflito e darlle forma”

Reeleita coordinadora nacional de Esquerda Unida, a tamén vice-voceira parlamentar de AGE sinala que o principal reto desta formación política é “artellar unha organización acaída ás necesidades de ruptura social”. Neste senso, asegura que Esquerda Unida debe “medrar” non só cuantitativa, senón cualitativamente para se adaptar, di, “ao país”. 

Malia que na XI Asemblea nacional recoñece teren aprobado “unha resolución” encamiñada a pular pola concorrencia con Anova nas eleccións municipais e mesmo europeas, Yolanda asegura que respectarán a decisión da formación liderada por Xosé Manuel Beiras se esta resolve ir co nacionalismo galego, vasco e catalán. 

A entrevista completa, no número 45 de Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques do país. 

Comentarios