Feijóo abraza a Rajoy e rexeita as críticas de Aznar


O presidente da Xunta de Galiza afirmou esta cuarta feira que o PP é "un partido de lealdades" cara ao seu líder. Feijóo posiciónase así, a favor de Mariano Rajoy na polémica polas críticas de Aznar

Núñez Feijóo respondeu así ás preguntas d@s xornalistas após ser inquirido polas declaracións do ex-presidente español, José María Aznar. O líder do executivo galego amosou a súa lealdade ao mandatario español e rexeitou que Aznar fose retornar á primeira liña política. 

Nun acto de inauguración dun encoro Núñez Feijóo dixo non estar certo de que das afirmacións do presidente de honra do PP se deduza "esa actitude" nin "esa proposta" de voltar á vida política. No entanto, José María Aznar non negou que estivese a valorar esa posibilidade durante a entrevista concedida a Antena 3 Televisión e mesmo afirmou que a decisión que finalmente adopte cumprirá coa súa conciencia, co seu partido e o seu país. 

Para o presidente da Xunta, malia todo, as afirmacións de Aznar "non significa[n] para nada ningunha volta cara ao pasado". 

Comentarios